O material foi adquirido ao abeiro das convocatorias DP0031 e DP0036 da Deputación da Coruña. Estas convocatorias están dentro de dous programas: “Programa de axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2020″ e “Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2020” respectivamente. Por medio destes, os traballos de divulgación e investigación por parte da delegación ferrolana da SGHN e do museo van ver mellorada a súa función. O investimento realizado consistiu no material que se relaciona na seguinte táboa:
Lembramos que en decembro as actividades de guiado das visitas no museo xa foron patrocinadas** pola Deputación da Coruña mediante a convocatoria DP0031. **Neste caso, dita subvención tamén contemplaría ata un 80% dese gasto da actividade.