SGHN-Ferrol: “Resiliente do ano”

O Colectivo Rampla é unha asociación cultural de Cedeira que leva dende 2016 tomando iniciativas singulares de promoción da cultura e o recoñecemento de exemplos de esforzo pola comunidade, persoais e colectivos, dentro dos premios “Resilientes do Ano”. Este 2019 a SGHN foi distinguida dentro do apartado de “Natureza e Vida Rural” polos seus 46 anos de dedicación ao estudio, divulgación e protección do mendio natural galego. Estar no Hotel Herbeira, escoitando o violonchelo e o piano das nenas do Dúo Crecendo xunto con Mencho Iglesias (Ámbito Social), Ramón Casadó Sampedro (Cultura) e a remeira Aida Carro (Ámbito Deportivo) foi unha honra que da azos para continuar adiante.