Testing de Biodiversidade en Gándaras de Budiño

O 9 de agosto de 2015, a SGHN e Biodiversidad Virtual organizan o III Testing fotográfico de biodiversidade no espazo natural das Gándaras de Budiño. A actividade consiste en fotografar o máximo número de especies de fauna e flora dunha zona para despois contribuír coas imaxes ó Proxecto ”Biodiversidad Virtual” e poder elaborar o Catálogo de Biodiversidade do LIC Gándaras de Budiño.

É imprescindible unha cámara de fotos e o necesario para pasar unha mañá de verán á beira do río Louro. A cámara pode ser compacta ou réflex, no posible con capacidade macro para sacar fauna e flora pequena de cerca.

Sairemos ás 9:30 h. do aparcadoiro dos observatorios das Gándaras de Budiño (O Porriño) (saída 21 “Gándaras Sur” da autovía A-55 de Porriño a Tui). É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá de verano andando á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta en: valoranatura@gmail.com