Apicultura galega: Pasado, presente e futuro da nosa apicultura

Rafael Díaz Nieto, Pastor de abellas e membro de AGA (Asociación Galega da Apicultura), entidade onde representa o cargo de Delegado Comarcal.

Persoa moi comprometida coa natureza, destaca por ser un activo organizador de xornadas apícolas e agrícolas ecolóxicas. Divulgador da historia e das técnicas apícolas galegas, así como da verdadeira importancia dos polinizadores. Colaborador de numerosas ferias apícolas e de produción ecolóxica.

Bo coñecedor dos efectos dos praguicidas no medio ambiente e, principalmente, nas abellas. Divulgador e activista na loita contra a presenza de Vespa velutina Lepeletier, 1836.

Autor de numerosos traballos divulgativos e de libros como A misión secreta das abellas. (Concello de Narón, 2006, 100 páxs.) onde recolle a importancia medioambiental das abellas. Membro activo do Círculo Gacela Agrarista

AFAEL DÍAZ NIETO IMPARTIRÁ UNHA CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DA SGHN-FERROL, O VINDEIRO VENRES 19 DE XUÑO ÁS 20:00 HORAS.
AFORO LIMITADO.