BRAÑA publica un novo artigo e dúas notas. O artigo continua a serie sobre os Censos de aves invernantes en Galicia no período 1996-2015, destinado a dar a coñecer os datos básicos dos censos e a evolución das poboacións de aves acuáticas invernantes en Galicia.
A primeira nota, en orde de aparición, trata sobre a inusual e alta presenza dunha bolboreta migradora, Vanessa virginiensis, en varias zonas de Galicia, polo que se fixo un chamamento para rexistrar os datos por escrito e evitar unha perda de información de interese.
A segunda nota da conta da constatación da presenza, antes descoñecida, de Apatura ilia na Illa de Cortegada, do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.