V Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade

Fiel a súa cita de finais de ano coa divulgación científica, a Delegación de Pontevedra da SGHN organiza novamente para finais de novembro deste ano 2021 unha nova edición, e xa van 5, das Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, unha cita ineludible coa divulgación científica neste eido.

Por mor da situación de pandemia que estamos a vivir, e do mesmo xeito que no pasado ano, o formato será integramente dixital, polo que esta nova edición das xornadas poderase seguir a través da canle de Youtube Xornadas SGHN.

Pandemias e biodiversidade, cirrios e outras aves das nosas cidades, a camariña, o lobo, a gaivota patiamarela, os bosques mariños e as formigas invasoras, centran as máis que interesantes temáticas sobre as que disertará o escollido grupo de expertas e expertos cos que temos a sorte de contar nesta nova edición das Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade.

D. Serafín González Prieto, Presidente da SGHN, e D. Juan Picos Martín, Director da EU de Enxeñería Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo), serán os encargados de presentar a xornada ao público o sábado 27 de novembro a partir das 09:45 h. O programa previsto, en horario de mañá e tarde, é o seguinte:

SÁBADO 27 NOV 2021 SESIÓN DE MAÑÁ / SALA VIRTUAL

  • 09:45 h  Presentación das xornadas
    • D. Juan Picos Martín, Director da EU de Enxeñería Forestal. Universidade de Vigo.          
    • D. Serafín González Prieto, Presidente da SGHN.
  • 10:00 h  Perda de biodiversidade e pandemias      
    • D. Fernando Valladares Ros. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
  • 10:50 h  Aves e cidade
    • D.ª Laura Iglesias Fernández. Coordinadora do proxecto Cirrios da SGHN.
  • 11:40 h  Controversia sobre a catalogación da camariña como especie “Vulnerable”     
    • D. Serafín González Prieto. Presidente da SGHN.
  • 12:30h   Os lobos no sur de Galicia
    • D. Santiago Bas López, Presidente da Asociación Lobo.
  • 13:15 h  DEBATE

SÁBADO 27 NOV 2021 SESIÓN DE TARDE / SALA VIRTUAL

  • 16:00 h  A gaivota patiamarela (Larus michahellis) en Galicia: ¿praga ou especie ameazada?
    • D. Álvaro Barros. Grupo de investigación de Ecoloxía Animal (GEA). Universidade de Vigo.    
  • 16:50 h  Bosques mariños: unha paisaxe en regresión
    • D.ª Cristina Piñeiro Corbeira. Grupo de investigación BioCost. Universidade da Coruña.
  • 17:40 h  Que ocorre tras a introdución de especies? O caso da formiga arxentina na Galiza
    • D. Iago Sanmartín Villar. Grupo de investigación ECOEVO Lab. Universidade de Vigo.     
  • 18:25  DEBATE

Se queres asistir ás xornadas de xeito telemático podes inscribirte a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/iDc2eR8wKoA5JCv76