O proxecto “Libera Natureza sen basura”
Veiga de Gomareite, 02-12-2017
Seguimos a traballar na Veiga de Gomareite, retirando o lixo para mellorar o hábitat de especies prioritarias e conseguir máis espacio e mellor pasto para o gando vacuno en extensivo. As intervencións centráronse na retirada dos residuos que ao longo dos anos foron restando superficie útil de terreo para o gando e a flora e fauna propias das veigas limiás. Este proxecto avanza grazas ao esforzo e empuxe dun grupo de persoas comprometidas que non se desalentan fronte a meteoroloxía e o traballo a realizar.
A xornada comenzou có resumo das últimas novidades pois esta xornada inclúese dentro dun proxecto patrocinado por SEO/BirdLife e Ecoembes:“LIBERA, naturaleza sin basura“. LIBERA patrocina 50 actividades seleccionadas a nivel nacional cunha dotación máxima de 1500 euros por proxecto.
A proposta presentada por SGHN: “Acción para revertir parcialmente y atenuar la degradación sufrida por los procesos de desecación, concentración parcelaria y vertidos de basura, escombros y residuos en la Veiga de Gomareite” foi unha das selecionadas. A intervención da SGHN en Gomareite conta con razóns de peso: un proxecto de longa actuación, cun acordo de custodia do territorio para un proxecto de gandeiría extensiva, nun anaco da desecada Lagoa de Antela e na ZEPA de A Limia.
Máns á obra para entrar en calor pola mañán
Xa postos en antecedentes, cunha temperatura de -1ºC e néboa espesa os colaboradores deseguida poñen máns a obra. Uns recollendo todo tipo de lixo, sobre todo residuos de plástico amoreados e cubertos por restos de cachotes, bloques, forxados, terra e pedras. Outros actuando sobre montóns de lixo cuberto polas silveiras para identificar e facilitar ó acceso aos residuos amoreados, ademais de abrir o espazo de veiga perdido.
Os colaboradores habituais xa coñecían o traballo a realizar pero algún dos novos sorprendeuse do que alí había e do traballo para retirar os grandes plásticos agrícolas mesturados con outros materiais inertes agochados baixo a vexetación. Pero a técnica xa está moi depurada: fraccionar os plásticos para manexalos, envoltura e compresión para reducir o seu volume e aplastamento final no saco de recollida. Segundo progresa o traballo aparecen outros residuos que se separan, principalmente vidro e pneumáticos. Os vidros agrúpanse para deposición nos contedores selectivos de vidro e os pneumáticos entregaranse por separado a xestor autorizado.
E rematando a fanea pola tarde
Pola tarde rematouse xuntáronse os sacos cos residuos en lugar accesible para carga e traslado a xestor autorizado. En resumo, durante a xornada conseguimos retirar plásticos ata encher 12 sacos de 0,4 m3, recoller 3 capazos de vidro, 2 pneumáticos, restos varios e o armazón dunha neveira.
SGHN-Antela construindo unha Limia mellor: é dificil pero non imposible
Veiga de Gomareite, 09-03-2018
Á vista do que se leva feito, do que se está facendo e do que aínda queda por facer, non cabe dúbida ninguna, o lema da Sección Antela da SGHN vai ser ”É difícil pero non imposible”.
O material retirado o 21/12/2017 quedou depositado na superficie da Veiga recollido en 12 sacos de de 0,4 m3 á espera dunha posterior xornada de retirada dentro de mesmo programa.
Por terra e por auga…
Os sacos estaban nunha zona baixa xa con auga e bastante alonxada de calquera punto de saída da Veiga. Ademáis estaban enchoupados e o camino ata a pista tamén tiña zonas con auga. A tarea non semellaba sinxela e houbo que empregarse a fondo organizando o traballo e os labores a realizar.
Os que levaban botas de auga foron os encargados de achegarse ata os sacos, recoller o lixo tirado, levar os sacos ata zona seca para vaciar a auga que contiñan, reorganizar o lixo para reducir o peso e carrexar os sacos pola zona asolagada ata o seco. Unha vez no seco os demáis participantes tomaban o relevo e porteaban deica a pista e pola pista ata o contedor que posteriormente sería trasladado a xestor autorizado. Pouco a pouco saíron da veiga tódolos sacos, dúas rodas e só quedou o armazón dunha neveira demasiado pesada para ser trasladada.
III é última xornada do proxecto “Libera naturaleza sin basura”
Complexo húmido Limia-Antela, 14-04-2018
Dende que se iniciou o proxecto “LIBERA, naturaleza sin basura” de SGHN houbo bastante inquedanza ante a incerteza de poder completar todo o comprometido con SEOBird Life/Ecoembes, por mor do asolagamento da zona de actuación; máis como o grupo de traballo habitual é ben teimudo e non desiste fácilmente, o sábado 14-04-2018 desenvolveu con éxito a última fase dos labores previstos.
A tarefa consistía na retirada de plásticos na contorna dunhas pequenas charcas (formadas pola extracción de terra vexetal para arranxar algunhas das parcelas despois da concentración parcelaria) que ata hai dous anos eran accesible con tractor e algúns aproveitaron para verter entullos, residuos varios e moreas de plásticos para ensilar coas súas cordas, perigosas para a fauna e o gando. Moito deste material vertérono nas beiras das charcas por seren os puntos máis baixos e accesibles o que complicou a súa retirada ao estar parcialmente cubertos pola auga.
Non todo foi limpar: observacións de fauna
Os 15 participantes na xornada distribuídos pola zona iniciaron o traballo agrupando os residuos no punto máis seco da zona para escurrir os plásticos e alixeirar un pouco o carrexo ata o contedor situado na pista a uns 250 m de distancia. O traballo, como sempre, aderezouse coas observacións de exemplares de diversas especies atopadas; neste caso: Triturus marmoratus, Hyla molleri, Bufo spinosus e Natrix maura.
O equipo foi tan rápido e eficiente que despois de encher o contedor de 6 m3 e co traballo rematado quedou tempo para que o coordinador da Sección de Herpetoloxía “manguease” un pouco na veiga na busca de cágados. Non houbo moito éxito pois case só saían Lepidurus apus!. Nótase o efecto do tempo frío e o retraso nos ciclos biolóxicos dos hérpetos.