Visita a Doniños

Nova xeira da Sociedade Galega de Historia Natural – Delegación das Mariñas, para o Concello de Sada: Desta volta, visita a Doniños, en Ferrolterra.

Iniciamos a visita no Monte Ventoso, no Cabo Prioriño, dende onde se contempla unha ampla panorámica do Golfo Ártabro e mais da lagoa de Doniños, Montes de San Xurxo e Cabo Prioiro.

Continuamos bordeando a lagoa de Doniños dende Fontá até Penencia e Outeiro.

Na visita acompañóunos Xan R. Silvar, da Delegación de Ferrol.

Logo de xantar, no piñar de Coto Salgueiras, visitamos o castro de Lobadiz e, xá de retornos a Sada, percorrimos A Mariña de San Xurxo, Esmelle e Cobas.

  • Divulga ti tamén!