“Inauguración” do centro xeográfico de Galicia

Hai algo máis de 4 anos, SGHN amosou publicamente o seu rexeitamento ao proxecto do Centro Xeográfico de Galicia, na parroquia de San Fiz de Amarante, no Concello lucense de Antas de Ulla (máis…).

Daquela salientábamos que “Outra forma de facer Galicia é posible e necesaria. Pero as novas normas formas deben ser sempre respetuosas co patrimonio natural e cultural de Galicia, alonxándose dos modelos destrutivos e faraónicos que con excesiva frecuencia xorden unha e outra vez en Galicia.”

Por desgraza, unha vez máis, as administracións “competentes” ignoraron as consideracións e argumentos de SGHN e o vindeiro domingo día 28 teñen previsto inaugurar fachendosamente a súa desfeita pagada cos nosos impostos.

  • Divulga ti tamén!