Decembro no Museo de Historia Natural

Reforzando e potenciando a actividade habitual no Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, para a que se conta ao longo do ano coa colaboración municipal e se ofrece a atención das visitas presenciais e en liña dende o museo, neste mes de decembro contaremos tamén co patrocinio da Deputación da Coruña.

Desta maneira, seguindo coa actividade divulgativa do Museo de Historia Natural, ofrécense visitas guiadas gratuítas baixo demanda, tanto presenciais como en liña, aos centros educativos e outras asociacións e institucións.

Para solicitar máis información sobre estas visitas, pódese contactar previamente co MHNF a través do correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos 881.931.315 e 698.141.384 no horario habitual de atención ao público.