Organizados por SGHN e SGO, o vindeiro sábado 2 de decembro haberá uns actos en Seoane do Courel co seguinte programa
- Mañá (Estación Científica do Courel)
- 10:30 Presentación por parte de autoridades e organizadores.
- 11:00 O GOG no Courel. 1973-1975. Recordatorio ausentes.
- 12:30 Cambios na paisaxe e na fauna Caurelá dende os anos 70. Por Ignacio Munilla Rumbao.
- 14:00 Comida en Acampamento O Courel e entrega de obsequio conmemorativo.
- Tarde
- 16:00 Pasarcalles e Descubrimento dunha placa homenaxe a Manuel Rodríguez López e familia (Casa Pombo).
- 17:00 Visita á Ferrería Nova (Ferrería Locay)
- 18:00 Volta a Seoane e despedida.