Visitas guiadas no Museo de Historia Natural

Co fin de dar a coñecer de primeira man as súas coleccións e o patrimonio natural de Galicia, o Museo de Historia Natural da SGHN pon novamente ao alcance do público a opción das visitas guiadas gratuítas. Ao contrario de como se facía antes, no que este tipo de visitas eran cun carácter puntual, agora a nosa intención é estendelas ao resto do ano. Dende a entidade lembramos ás persoas con problemas de mobilidade que xa temos dispoñible un ascensor (por cuestións sanitarias, o seu uso está limitado a este mesmo colectivo). Asemade, por cuestións de seguridade, o acceso ás visitas guiadas conleva unha serie de normas e limitacións obvias e xa coñecidas:

  • Obrigatorio o uso de mascarilla durante toda a visita; uso de xel hidroalcólico a disposición do público nas instalacións; manter distancia de seguridade; grupos limitados a 10 persoas.  
  • Cal é o prezo das visitas guiadas? As visitas son GRATUÍTAS, grazas ao convenio que asinamos anualmente co Concello de Ferrol.
  • Cando son? As tardes dos MARTES, MÉRCORES e XOVES.
  • A que hora son? De 18:00 a 19:00 h.
  • Hai límite de prazas? Si. O límite está marcado en 10 persoas.
  • Que hai que facer para acudir como público a unha visita? A entidade recomenda a inscrición previa no teléfono 698 141 384, ao ter limitado o aforo total na sala expositiva do museo en 25 persoas.
  • Hai límite de idades? Non. A visita tamén está pensada para grupos familiares.
  • Quero acceder pola miña conta sen a opción de visita guiada. Podo? Si. Os únicos requisitos son respectar ao grupo que estea a ser guiado nese momento, o aforo total da sala expositiva, as indicacións ubicadas no museo e por suposto, aquelas que sexan realizadas por parte do seu persoal.