Dentro do ciclo Xuntanzas Naturalistas, dende a delegación de Ferrol da SGHN temos o gusto de anunciar a conferencia “Conservación da herpetofauna galega ameazada” a cargo de Martiño Cabana:
- DATA: venres, 31 de maio.
- HORA: 19:30
- LUGAR: Salón de actos do Museo de Historia Natural.
- ORGANIZA: Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural.
- PATROCINA: Deputación da Coruña.
Na conferencia falará sobre diferentes aspectos do estado de conservación dos anfibios e réptiles de Galicia, do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e sobre a proposta da súa modificación, así como dalgunhas novidades na distribución de certas especies escasas de hérpetos galegos e de novas incorporacións á fauna galega.
Martiño Cabana é biólogo especializado en distribución e conservación de anfibios, réptiles e libélulas. Coordina diversos atlas de distribución destes taxóns a nivel galego, estatal e ibérico. É biólogo da Asociación Galega de Custodia do Territorio, onde coordina diversos proxectos de conservación de flora e fauna.