10ª actualización do Atlas de Hérpetos

Velaquí os froitos de 17 anos de ciencia cidadá sobre os hérpetos de Galicia, con case 32.000 rexistros de anfibios (19.204) e réptiles (12.764), deles 5.723 non repetitivos. Velaquí a imaxe máis completa e actualizada sobre a situación dos nosos hérpetos.

Velaquí traducido en feitos o lema de SGHN dende hai 50 anos: estudar, divulgar, defender e conservar o patrimonio natural galego (preme aquí para descargar o PDF).