Visitas guiadas ao Museo de Historia Natural

O Museo de Historia Natural de SGHN en Ferrol ofrece visitas guiadas gratuítas esta Semana Santa

Serán o martes 4 e o mércores 5, dúas pola mañá e dúas pola tarde, e terán unha duración de 1 h:

  • 1ª quenda da mañá de 10:30 a 11:30 horas.
  • 2ª quenda da mañá de 12:00 a 13:00 horas.
  • 1ª quenda da tarde de 17:30 a 18:30 horas.
  • 2ª quenda da tarde de 19:00 a 20:00 horas.

Estas visitas guiadas son gratuítas, ao estar patrocinadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, e están limitadas a un máximo de 20 persoas por grupo. Non será precisa inscrición previa, só presentarse no Museo uns minutos antes do comezo da cada quenda de visita elexida.

Por outra banda, o horario de atención ao público do Museo de Historia Natural durante a Semana Santa 2023 (1-10 abril) será o seguinte:

  • Luns pechados.
  • Días 1, 4, 5 e 8, apertura de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas.
  • Días 6, 7 e 9, apertura de 10:30 a 14:00 horas.

Esta información aparece recollida no Folleto Turístico da Semana Santa 2023 editado polo Concello de Ferrol. Para máis información, poden escribir ao correo electrónico museo@sghn.org ou chamar aos teléfonos 698 141 384 e 881 93 13 15.