2ª cursiño en Sada Usos tradicionais das plantas medicinais

A Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia organiza a segunda edición do cursiño sobre usos tradicionais das plantas medicinais en Galicia, centrándonos no caso do Courel, impartido pola farmacéutica María Moure, que estivo recompilando ampla información sobre este tema varios anos na Serra do Courel e aínda segue a traballar no uso das plantas medicinais. Nesta edición realizáranse modificacións na materia exposta con respecto ao ano pasado.

Para anotarse, deberase realizar o ingreso na conta:

ABANCA: IBAN ES41 2080 0200 4130 4012 7665

e enviar os datos persoais ( incluído o DNI).