Exposición sobre o proxecto de Xeoparque do Ortegal no Museo de Historia Natural

A exposición temporal, consistente nunha selección da colección persoal do xeólogo Dr.  Francisco Canosa, inclúe minerais, rochas e material divulgativo de gran  calidade. Todo constitúe o cerne dunha exposición singular para axudar a  valorar a importancia internacional da xeoloxía do Ortegal.

 

A exposición complementouse coa conferencia que o Dr. Canosa  impartiu no salón de actos do Museo o xoves 21 de setembro ás 19 h,  coa que se inaugurou oficialmente a exposición.