Hoxe celebramos o Día Mundial dos Humidais e o 10º aniversario da creación da Sección Antela de SGHN. O lema da celebración este ano é “Os humidais e a auga“, para salientar a contribución dos humidais á cantidade e calidade da auga doce no noso planeta.
O tema e a mensaxe son extremadamente importantes para A Limia onde os recursos hídricos tiveron unha enorme importancia e que nos últimos 60 anos están a sufrir unha enorme transformación desde a desecación da lagoa de Antela e das zonas húmidas ata a sobreexplotación e contaminación derivada das actividades industriais agro-gandeiras.
Nese contexto, a Sección Antela de SGHN está a traballar para demostrar que é factible, necesario e urxente facer compatibles as actividades económicas coa conservación.
Así, hoxe no 10º Aniversario da creación da Sección Antela desexamos lembrar algúns dos traballos realizados e agradecer o esforzo das persoas que están a confirmar que “Outra Limia é posible”. E xa que a situación deste ano non permite a celebración como se merece, propoñémosvos unha selección de imaxes dos traballos desenvolvidos.
Veiga de Vilaseca, Humidal Antonio Villarino
Outubro-2013: “inauguración” das obras Explicando o proxecto O primeiro é desbrozar
Traballo en equipo… …e equipo traballando Mato listo para empregar como abono verde
Antes Durante Despois
“Neo-canles” recén excavadas Repartindo as tarefas Repoñendo a terra vexetal De 8 en 8 se fai falla Xa falta pouco Traballo rematado
Os “neo-canles” énchense por primeira vez Na primaveira están espectaculares Panorámica
A algúns adícanlles rúas ou prazas Pero Antonio Villarino merece máis… …un humidal co seu nome na Limia Queda bautizado o “Humidal Antonio Villarino”
Veiga de Gomareite
1ª xornada de limpeza, outubro-2014 A limpeza avanza Contedor de 10 m3 cheo
Xornada limpeza, marzo-2015 1º montón de vidro “Ex-neveira”
Xornada limpeza, decembro-2017 Excavación no “Plasticolítico” Un equipo impresionante
Xornada limpeza, abril-2018 Aplastando ben o lixo no contedor Contedor cheo e foto de familia
Construción 1º mini-dique, setembro 2018 Só con pedras e terra Recén rematado
Panorámica do mini-dique setembro-2018 Panorámica do mini-dique, decembro-2018

Desenmarañando corda de silo… …ata completar 1 m3
Vella piscina = bo contedor
Construción 3º mini-dique, decembro 2020 Perfilando ben o noiro Recén rematado

Vacas pacendo na Veiga de Gomareite Vacas na Veiga de Gomareite coa Serra de San Mamede ao fondo
Poza dos arieiros

1ª fase: decembro-2015 Conservando as zonas con Eryngium Canle perimetral para protexer a parcela
6-febreiro-2016 27-febreiro-2016
25-marzo-2016 19-abril-2016
2ª fase: decembro 2017 Zona para augas someiras e noiro para anduriña das barreiras
O traballo… … …

17-03-2018 07-04-2018
06-05-2018 28-08-2018
3ª fase: novembro-2019 Optimizando o perfil dos noiros

