DENDE A AULA Ó MUSEO

Visita telemáticas e consultas en directo para centros educativos no
museo de Historia Natural en Ferrol

Seguindo coa súa actividade divulgativa e pedagóxica, patrocinada dende
a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, o Museo de
Historia Natural
ofrece aos centros educativos conexións en directo, dende a aula para visitas telemáticas guiadas.

Dende o Museo de Historia Natural considéranse estas actividades motivadoras e personalizadas para o alumnado, e espera sexa ben acollida pola comunidade educativa, tanto mentres existan restricións de visitas presenciais nestes tempos de alta incidencia da COVID, como no futuro.

As actividades serán gratuítas baixo demanda dos centros educativos,
que deberán acordar previamente a data e a hora de conexión, así como o
contido a expoñer.

As conexións en liña serán nunha sesión de clase no horario dunha aula
concreta, para tratar brevemente un tema relacionado coa actividade
divulgativa do museo.

As modalidades ofrecen á elección do centro educativo as opcións seguintes:

  • Visita guiada ao museo en directo dende clase.
  • Consulta ao museo en liña. Para atender consultas en directo co
    alumnado dos centros educativos. A consulta remitirase por correo
    electrónico ao museo, e atenderase por vídeo conferencia con cita
    previa.

Para solicitar máis información sobre estas actividades ou cita para unha
conexión, contactar previamente co Museo de Historia Natural da SGHN en
Ferrol mediante o correo electrónico museo@sghn.org ou nos teléfonos
881.931.315 e 698.141.384 no horario habitual de atención ao público.