Día 3: Saturno e a Lúa moi próximos. Ás 09:49 h a Lúa en Cuarto Minguante.
Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
Día 7: Choiva de estrelas Eta Acuáridas actividade do 1 ao 21 de maio, cun máximo de 60 por hora o día 7, producidas polo cometa 1P/Halley e con radiante en Acuario. Tratase de meteoros cunha gran velocidade, con bólidos de longa traxectoria.
Día 10: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 6 ao 13, cun máximo de 3 por hora o día 10, producidas polo cometa C/1983 H1(IRAS-Araki-Alcock) e con radiante en Lyra.
Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein. Ás 09:00 h Lúa Nova.
Día 13 Mercurio e a Lúa moi próximos.
Día 16: Marte e a Lúa moi próximos.
Día 19: Ás 09:12 h a Lúa en Cuarto Crecente.
Día 26: Ás 01:13 h Lúa Chéa. Eclipse total de Lúa non visible nas nosas latitudes.
Día 29: Mercurio e Venus moi próximos.En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
Día 31: Saturno e a Lúa moi próximos.
Planetas
Mercurio en Tauro con magnitude 0,26. Visible durante unha hora despois do solpor.
Venus en Tauro magnitude -3,6. Visible durante media hora despois do solpor.
Marte en Xéminis magnitude 1,66. Visible durante 3 horas despois do solpor.
Xúpiter en Acuario magnitude -2,32. Visible durante 3 horas antes do amencer.
Saturno en Capricornio magnitude 0,65. Visible durante 3 horas antes do amencer.
Urano en Aries magnitude 5,87. Pola súa proximidade ao Sol non é visible.
Cometas
Tan só C/2020 R4 (ATLAS) con magnitude 9 entre as constelacións de a Cabeleira de Berenice e Leo, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.