O ceo en maio de 2021

Efemérides

  • Día 3: Saturno e a Lúa moi próximos. Ás 09:49 h a Lúa en Cuarto Minguante.
  • Día 4: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
  • Día 7: Choiva de estrelas Eta Acuáridas actividade do 1 ao 21 de maio, cun máximo de 60 por hora o día 7, producidas polo cometa 1P/Halley e con radiante en Acuario. Tratase de meteoros cunha gran velocidade, con bólidos de longa traxectoria.
  • Día 10: Choiva de meteoros: Eta-Lyridas, actividade do 6 ao 13, cun máximo de 3 por hora o día 10, producidas polo cometa C/1983 H1(IRAS-Araki-Alcock) e con radiante en Lyra.
  • Día 11: En 1916 publícase a Teoría Xeral da Relatividade de Albert Einstein. Ás 09:00 h Lúa Nova.
  • Día 13 Mercurio e a Lúa moi próximos.
  • Día 16: Marte e a Lúa moi próximos.
  • Día 19: Ás 09:12 h a Lúa en Cuarto Crecente.
  • Día 26: Ás 01:13 h Lúa Chéa. Eclipse total de Lúa non visible nas nosas latitudes.
  • Día 29: Mercurio e Venus moi próximos.En 1919 durante unha eclipse total de Sol, Sir Arthur Eddington confirma a curvatura da luz prevista na Teoría Xeral da Relatividade.
  • Día 31: Saturno e a Lúa moi próximos.

Planetas

  • Mercurio en Tauro con magnitude 0,26. Visible durante unha hora despois do solpor.
  • Venus en Tauro magnitude -3,6. Visible durante media hora despois do solpor.
  • Marte en Xéminis magnitude 1,66. Visible durante 3 horas despois do solpor.
  • Xúpiter en Acuario magnitude -2,32. Visible durante 3 horas antes do amencer.
  • Saturno en Capricornio magnitude 0,65. Visible durante 3 horas antes do amencer.
  • Urano en Aries magnitude 5,87.  Pola súa proximidade ao Sol non é visible.

Cometas

  • Tan só C/2020 R4 (ATLAS) con magnitude 9 entre as constelacións de a Cabeleira de Berenice e Leo, pode verse cun telescopio pequeno. Os demais pola súa magnitude son dificilmente localizables.
Na imaxe podemos ver o ceo cara ao sur, o día 15 de maio ás 24 horas