
O voitre negro (Aegypius monachus) é unha das aves carroñeras máis grandes de Europa e ten un importante interese para a conservación. En Galicia, esta especie considérase moi rara e ocasional. Neste documento descríbense as observacións do voitre negro na Dorsal Galega, (Galicia, España) durante a década 2010-2019, unha especie pouco común no territorio galego, con escasos rexistros anuais nestas serras. Podes ver e descargar en pdf esta nota na revista BRAÑA da SGHN.
