BRAÑA monográfico sobre os 10 últimos anos de censos de aves invernantes: 2016-2025

Un dos bioindicadores da saúde das aves invernantes e as zonas húmidas son os Censos de Aves Invernantes, que se coordinan internacionalmente a través de Wetlands International.

SGHN leva facendo estes censos dende 1974, ininterrumpidamente, máis de cincuenta anos de traballo sen interrupción, que permiten avaliar o estado das nosas zonas húmidas.

Presentamos este monográfico sobre a serie de 2016-2025 (incluidos os datos do parón pola COVID) publicado na Revista BRAÑA. Un traballo conseguido gracias ó labor desinteresdo e voluntario de máis de cen colaboradores, sen os cales sería imposible desenvolver este proxecto, tanto no tempo coma na cobertura do territorio.

  • Divulga ti tamén!