Seguimos a traballar e disfrutar por A Limia
Mañán de limpeza na Veiga de Gomareite
Continuando cós compromisos adquiridos e propostas realizadas, ao longo da última fin de semana de xullo tivemos a oportunidade de ir resolvendo algunhas das cuestións pendentes.
En primeiro lugar deuse continuidade ao proxecto na Veiga de Gomareite desenvolvido con maquinaria pesada o ano 2018 con cargo ás subvencións do FEADER no cadro do PDR de Galicia 2014-2020 (máis…).
Unhas verbas para explicar os proxectos Localizando os puntos de traballo
Os restos están espallados e hai que distribuirse Coas pinzas é máis doado recolleer os restos máis grandiños
Así, desenvolveuse a limpeza en Gomareite tal como estaba previsto dentro da campaña de SEO/Ecoembes de apadriñamento de proxectos para o ano 2019.
Os restos plásticos están moid degradados e son difíciles de retirar Pior aínda os vidros semi-enterrados, tan perigosos para o gando
O traballo consistíu básicamente en localizar e recoller os refugallos ciscados acá e acolá nas zonas máis remexidas polas máquinas e que afloraron có terreo xa asentado e seco. Os esforzos concentráronse nas 2,5 ha onde traballaran as máquinas e despois dunha breve descripción das labores executadas e da tarefa a desenvolver, os participantes despregáronse pola veiga na procura de residuos, sobre todo:
- plásticos de diferente tipoloxía, moitas veces bastante degradados e difíciles de retirar
- cordeis agrícolas de usos diversos
- arames
- restos de louza e enseres domésticos
- vidro
Pinzas mercadas coa axuda de SEO-Ecoembes e reutilización de sacos de esparto recollidos noutro vertedoiro da Limia Os entullos amoréanse para retiralos máis adiante
Os materiais recolléronse en sacos de esparto e como nota curiosa apuntar que os sacos eran de patacas de sementeira atopados nun vertedoiro do cal recolléronse para unha ocasión axeitada coma ésta.
Eryngium viviparum colonizando as zonas recuperadas en 2018 Os “trofeos” listos para levar aos contedores de residuos
Reutilizando as pedras para construir refuxios
O traballo avanzou paseniño e non sen dificultades tanto polo degradado dos plásticos como por atopar acumulacións de vidros semienterrados. Todo baixo un ceo cuberto que rematou cunha lixeira choiva que non impediu rematar a recollida. Ao mesmo tempo procurouse disfrutar da flora e fauna do lugar e levantáronse diversos refuxios de fauna mediante acumulación de pedras pequenas e medianas.
E tarde-noite de avelaíñas
Para completar a fin de semana nada mellor que aprender algo máis sobre as bolboretas da noite cos compañeiros da Sección de Entomoloxía. Nesta ocasión levouse a cabo na zona das areerias da Limia, con dous puntos de observación: un na Poza dos areeiros na proximidade de vexetación propia de zonas asolagadas fundamentalmente espadana, xuncos e diversas especies de herbáceas, e o outro na explanada entre areeiras preto de salgueiros algo protexidos do vento.
Percorrendo a contorna Velaí veñen as avelaíñas
Laverca (Alauda arvensis) Polyommatus icarus
Como é habitual có avance da noite empezan a chegar as bolboretas nocturnas e mesmo algunhas outras especies tan rechamantes como Empusa pennata. Mentres os nosos expertos escrutan a contorna inmmediata localizando algúns exemplares de bolboretas diurnas e mesmo algunha ave durmindo nas inmediacións dos puntos de mostraxe.
En resumo unha fin de semana intensa, entretida e moi interesante, traballando na mellora do noso patrimonio e descubrindo algunha das súa marabillas menos coñecidas.
Moitas grazas a todos os que participaron e ás persoas que fixeron posible esta xornada, tanto aos voluntarios que traballaron arreo na limpeza en Gomareite como aos compañeiros de Sección de Entomoloxía que se achegaron onda nós toda a noite e preparáronnos, como cada ano, as estupendas e prácticas fichas resumo das especies observadas.