A biblioteca sae ao medio: 1ª saída

O sábado 19-09-2020 fíxose a primeira das tres saídas de “A biblioteca sae ao medio” dentro do convenio anual co Concello de Ferrol para mercar bibliografía e mellorar a Biblioteca da Natureza do Museo de Historia Natural. Esta visita nocturna ao singular sistema dunar e lacustre de Doniños (Ferrol) é unha invitación a coñecer esta contorna única priorizando aos sentidos do oído, olfato e tacto sobre a vista. Unha atractiva experiencia en interpretación do patrimonio natural.