Ciencia cidadá para todas as persoas
Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) vai colaborar coa “Sociedad Española de Ornitología” (SEO) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) no III Censo nacional de Cegoña branca invernante, promovido por SEO BirdLife.

Trátase dunha boa oportunidade para participar nunha experiencia de ciencia cidadá ao alcance de calquera persoa recollendo datos que aporten máis coñecemento sobre o comportamento da especie e sobre as variacións dos seus hábitos.
A data central do censo de Cegoña branca invernante é a fin de semana do 24 e 25 de outubro (permitíndose 10 días antes ou 10 días despois en función da climatoloxía ou da oportunidade para a mellor realización do censo).

Para mellor coordinación é imprescindible coñecer as persoas que van colaborar e as zonas que se poden cubrir, para así completar toda Galicia, por eso hai que inscribirse nos nosos correos de censos habituais:
- censociconia2019@sghn.org
- ourense@sghn.org