A biblioteca sae ao Medio

A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol, co obxecto de potenciar a Biblioteca da SGHN e o manexo das guías de campo, organiza a actividade “A Biblioteca sae ao Medio” que consistirá en tres saídas á natureza nas seguintes tres datas do mes de maio.

16 de maio Covas, percorreremos a zona de minas, visitando a mina romana “ruína montium” e a bocamina de principios do século XX. Flora privilexiada e a protexer. ( saída dende a cooperativa de Covas ás 11 h).
23 de maio Lagoa de Doniños, perímetro sur da lagoa, comentaremos o complexo dunar, a súa orixe, fauna e flora, asemade falaremos do perigo para a natureza das especies alóctonas. (saída do aparcadoiro de Penencia ás 11 h).
30 de maio Muíños de Esmelle, visitaremos 12 muíños, onde observaremos o seu funcionamento. Veremos tamén fontes e lavadoiros. Analizarase a flora de ribeira e a súa importancia. (saída dende o local social de Esmelle ás 11 h).
A duración das saídas será de 11 h a 13 h. Máximo 40 persoas e está aberta a tódolos interesados, socios ou non.
Para apuntarse ás saídas: enviar correo electrónico a ferrol@sghn.org, nos seguintes teléfonos 881 93 13 15 e 698 141 384, ou no local de SGHN Ferrol.