Mostraxe de Myxomycetes nas Gándaras de Budiño

Fotografía: Cribraria cf vulgaria.

O domingo 10 de maio tivo lugar unha mostraxe de Myxomycetes na Zona de Especial Conservación (ZEC) As Gándaras de Budiño, organizada polo Grupo Micolóxico Galego e a Sociedade Galega de Historia Natural. Esta saída estaba programada para o pasado 26 de abril, pero foi necesario pospoñela debido o mal tempo e as choivas.

A actividade consistiu nunha saída de mostraxe de Myxomycetes na que se identificaron e fotografaron as especies atopadas para contribuír ó Catálogo de Biodiversidade do LIC Gándaras de Budiño.

Gandaras Día Myxomycetes 2015-05-10