Recheo dunha antiga canteira con residuos tóxicos en Salceda de Caselas

Conxuntamente entre Verdegaia e SGHN presentáronse catro escritos dirixidos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (PDF), Consellería de Economía e Industria (PDF), Consellería de Sanidade (PDF) e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (PDF) por dun recheo con vertidos tóxicos na canteira Pereiriñas, sita en Salceda de Caselas (Pontevedra).

Baseándonos no informe elaborado pola Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo (PDF), solicitouse a investigación dos feitos, as afectacións das augas, en especial dos acuíferos dos que bebe a xente augas abaixo, a posible afectación ó LIC Baixo Miño e se tomen as medidas correctivas e sancionadoras necesarias para a reposición da legalidade.