No cadro do proxecto Libera Natureza sen residuos de SEO/ Ecoembes
A piques de rematar este singular 2020, aínda quedaban accións por desenvolver dentro da campaña deste ano pero, por fin, puidemos cumprir có planificado grazas á comprensión do equipo de SEO/Ecoembes que autorizou unha prolongación excepcional do prazo e a modificación do proxecto: sen convocatoria pública nos medios, con menos voluntarios e co apoio de maquinaria pesada.
O día dos humidais púxose de manifesto o enorme problema que existe na bisbarra da Limia en canto á inaxeitada xestión de residuos. Tamén quedou patente que a súa vertedura incontrolada é un problema actual pero tamén herdado.
As dificultades para retirar os residuos increméntanse a medida que aumenta a súa “idade” e a súa localización. Na Veiga de Gomareite algunhas das verteduras enchen, literalmente, charcas ás cales só se pode acceder cando baixa o nivel da auga. Para maior dificultade, nas beiras das charcas medra rapidamente a vexetación sobre as moreas de residuos facendo moi complicadas as actuacións para a súa retirada. Como mostra, velaquí algunhas imaxes que resumen a limpeza da veiga a “mán e a máquina”.
- Recollida puntual de restos fragmentados e dispersos previa entrada de maquinaria pesada.
- Agrupación de residuos para facilitar a carga no camión.
- Retirada de vexetación sobre montón de residuos realizada por máquina. Destacamos a dificultade de retirar grandes volumes de cordel de alpaca enmarañados nos troncos e raíces dos salgueiros.
- Carga en camión para traslado a entulleira.

Xuntando e retirando residuos miúdos 
Xuntando e retirando residuos miúdos 
Detalle fragmentos de poliuretano 
Retirada restos miúdos agrupados 
Traslado restos miúdos agrupados 
Traslado restos miúdos agrupados 
Detalle cordeis de uso agricola 
Morea de residuos plásticos antes 
Morea de residuos plásticos despois 
Xuntando residuos miúdos 
“Empaquetando” residuos miúdos 
“Empaquetando” residuos miúdos 
Pechando o paquete de residuos 1 
Pechando o paquete de residuos 2 
Paquete de residuos listo para a retirada 
Piscina vella = bó contedor para residuos 
Enchendo a piscina 
Vella piscina chea de residuos 
Chega a maquinaria presada 
Xuntando residuos para cargar 
Morea de residuos na beira da charca 
Detalle de cordeis enmarañados 
Preparando a carga dos residuos 
Preparando a carga dos residuos 
Si, todos estes residuos saíron da charca… 
…pero xa lles queda pouco aquí. 
Comeza a carga do camión 
Cargando un dos camións 
Dous camións = 20 m3 de residuos fóra da Veiga de Gomareite 
