“As zonas húmidas son os ecosistemas máis degradados a nivel mundial, calcúlase que nos últimos anos teñen desaparecido casi o 70% das zonas húmidas do mundo e a cousa vaise ir complicando”. Esta frase, que pode parecer catastrófica ou demasiado xeneralista, é unha realidade que non pasa desapercibida nalgúns lugares moi próximos a nós, neste caso: A Limia onde, un ano máis, celebramos o día mundial dos humidais e o aniversario da creación da sección Antela.
Presentación da xornada Introdución ao problema dos residuos na Limia
Luces e sombras na “charca dos feldespatos” …
A xornada encádrase dentro do proxecto “Libera natureza sen residuos” promovido por SEO-Ecoembes e estructúrase en dous grandes bloques:
– Avaliación e visibilización da problemática dos residuos na Limia, e
– Actuacións de mellora, xestión do lixo e novos proxectos.
Para dar visibilidade ao problema dos residuos, iniciouse a xornada na coñecida como “charca dos feldespatos”. Alí fixemos unha introdución xeral sobre a historia recente deste lugar e un breve percorrido a pé que nos achegou a un dos problemas ambientais da comarca: as carencias na xestión dos residuos. No paseo identifícanse sen esforzo:
- moreas de lodos de depuradora,
- moreas de residuos da construcción,
- moreas de residuos industriais,
- moreas de residuos de podas e/ou “limpezas” de canles,
Descubrindo o que agocha a parcela Uns camións de lodos de depuradora… …plásticos e aillantes… …residuos de construción, sacos, colchóns… …entullos e restos de podas… …un Scalextric
- moreas cubertas de vexetación herbácea que agochan outro lixo,
- algúns colchóns, un tresillo, … pneumáticos usados e mesmo
- unha montoneira de galiñaza semicuberta por plástico desde onde flúen escorreduras e lixiviados cargados de nutrientes.
Un “surtido” de residuos O tresillo Pneumáticos Esta morea de galiñaza en tempos estivo cuberta… …pero agora escorregan lixiviados cargados de nutrientes
A poucos dos presentes escápaselles que estas augas cargadas de nutrientes acadan rápidamente os cursos de auga e os acuíferos co resultado que moitos xa coñecemos: a contaminación da auga por nitratos.
Para varios dos presentes esta realidade é xa coñecida, xa non se sorprenden pero siguen alporizándose. Pero xurde, de novo, a pregunta inevitable: cómo é isto posible si hoxe hai información, servizos e medios bastantes para a xestión de residuos? … isto é inaudito.
Como contrapunto a este absurdo da acción humana, a natureza deleitanos cun bando de liorteiros ou combatentes (Philomachus pugnax). En migración cara aos seus lugares de crianza, nos sobrevoan e acaba pousando nuns labradíos para descansar e alimentarse.

… e tamén na Veiga de Gomareite
A seguinte parada é a Veiga de Gomareite. Nada máis aparcar, seguen as sorpresas desagradables … Onde hai uns meses retiramos unha boa morea de lixo, hoxe volve estar cheo de palés, restos de rolos de herba (orgánico á fin e ao cabo), acompañados dunhas fiestras: persianas completas, vidros, as caixas das persianas. Incrible pero certo!!!!
Realmente hai que facer unha labor informativa, divulgativa e poñer os medios para que isto non se repita. Máis, de quen son as competencias? Ou mellor, cómo se pode facer isto impunemente na sociedade actual, provista de moderna tecnoloxía agrícola e gandeira industrial nun país avanzado? Preguntas que quedan no ar para que cada quen faga as súas propias reflexións.
Uns meses despois de limpar co proxecto Libera… …queda patente que a xestión de residuos é unha asignatura pendente na Limia Explicando o proxecto da Veiga de Gomareite
Entre visita e explicación salta a sorpresa… Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
Logo avanzamos cara a outro punto negro onde os residuos agrícolas, en especial plásticos e cordas son os amos, aderezados con algúns enseres domésticos, residuos de illamentos de naves, envases de agroquímicos, etc. Todo xusto onde se amoreu o lixo para a súa retirada na última intervención do proxecto Libera no ano 2019 coa colaboración do noso amigo Samuel.
Lixo a retirar coa nova fase do Proxecto Libera Outra vertedura de persianas Os refugallos acopiados na pasada xornada do Libera Ao carón do lixo hai unhas fermosas pozas… …con habitantes de grande interese: Eryngium viviparum
O volume do que alí hai é enorme e preocúpanos bastante. Unha preocupación que comparte a comunidade de montes propietaria desta singular zona húmida quen intentou e intenta poñer freo a semellante despropósito.
Agora un paseo pola zona xa recuperada A Veiga de Gomareite: unha anaco da antiga Lagoa de Antela
Extras e primicias
Sempre queda tempo para un extra xeolóxico Na Limia tamén hai augas termais
Coñecendo o río Faramontaos e os seus segredos… …segundo algúns criterios de hidroloxía sería o curso fluvial principal na bacía da Limia
Un novo proxecto da Sección Antela en primicia para os asistentes… …recuperar antigos meandros do Faramontaos. Un proxecto ambicioso pero moi ilusionante!
Visitando o Humidal Antonio Villarino que luce así de fermoso!