Conferencia de Xosé Manuel Penas Patiño dentro do ciclo “Xuntanzas Naturalistas”
- Lugar: Auditorio do Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol
- Data e hora: Sábado 4 de novembro, ás 11:00 h
- Organiza: Delegación de Ferrol da SGHN
- Patrocina: Deputación da Coruña
Xosé Manuel Penas Patiño é naturalista, socio fundador do antigo Grupo Ornitolóxico Galego (G.O.G.) e posteriormente da Sociedade Galega de Historia Natural (S.G.H.N.) dos que foi primeiro Presidente. É coñecida a súa traxectoria como ornitólogo e divulgador, sendo coautor da primeira guía de aves de Galicia en galego, mais desenvolveu unha intensa actividade noutros eidos, en especial no seguimento dos cetáceos nas costas galegas e a súa caza dende as factorías de Caneliñas e Morás, último reduto dunha etapa de intensas capturas que non respectaban os cupos oficiais e comprometían o futuro dos grandes cetáceos.
Sobre o papel que a S.G.H.N. xogou nesta época decisiva Patiño falará na súa conferencia, evocando as accións de investigación, divulgación e protección – alicerces da S.G.H.N. – así como a colaboración cun incipiente Greenpeace.
Non deixes pasar esta oportunidade de coñecer unha historia recente na conservación dos grandes cetáceos en Galicia e a nivel peninsular. Contamos coa túa presenza!