Xa están aquí as “xuntanzas naturalistas”!

Un ciclo de CONFERENCIAS organizadas pola Delegación de Ferrol baixo o patrocinio da Deputación da Coruña. Aquí tedes o programa co ciclo de conferencias previstas dentro da actividade “XUNTANZAS NATURALISTAS”. Nestas conferencias, coas que contamos con especialistas de contrastada traxectoria, abordamos diferentes asuntos e temáticas.

O ciclo abríuse no mes de xuño coa conferencia impartida sobre a dinámica costeira (por parte do investigador e catedrático Augusto Pérez Alberti), e pecharase o 29 de decembro coa que tratará sobre a historia do lago de Sobrado (a impartir polo noso consocio investigador e profesor da Univ. de Valencia Rafael Carballeira Coego). No medio destas, haberá outras tamén de grande relevancia que se amosan no seguinte cartel.

Lembra que estas actividades serán impartidas no salón de actos do Museo de Historia Natural da SGHN en Ferrol, nas datas e horarios sinalados, e que non é precisa inscrición previa para asistir pero hai un aforo limitado de 62 butacas. Contamos coa túa presenza!