AAI de Forestal del Atlántico para fabricación de formol, colas e resinas e xestión de Marpol

Como xa fixera con data 03-04-2008, o 03-10-2012 a SGHN_Delegación de Ferrol presentou alegacións á “información publica da solicitude de renovación da Autorización Ambiental Integrada (en adiante AAI) presentada por Forestal del Atlántico, S.A. para a instalación de fabricación de formol, colas e resinas; xestión de residuos Marpol, localizados no concello de Mugardos, A Coruña (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-98) (ver PDF).