Hoxe dia 8 de outubro, a S.G.H.N. fixo entrega do diploma que acredita ao que foi Delegado en Ferrol, Emilio Marín Formoso, como Socio Honorario desta entidade, en recoñecemento a dedicación prestada no estudo, defensa e divulgación do medio natural galego, así como o seu traballo inestimable para que o que hoxe é o Museo de Historia Natural dera os seus primeiros pasos, tal como se acordou na Asemblea Xeral que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado mes de marzo. A entrega do diploma tivo lugar na sa de lectura da biblioteca do Museo por parte de membros da Xunta Directiva Xeral da S.G.H.N.