Abel ten poucas luces. Contaminación lumínica.

Nebulosa do Cabalo

9.000.000 de luces para o Nadal de 2018 en Vigo e seméllanlle poucas. Diante deste despilfarro a Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica e a delegación de Pontevedra, presentaron por rexistro o pasado 20/08/18 un escrito diante do concello de Vigo solicitando mesura e que se conteña o delpifarro e a contaminación lumínica, buscando alternativas máis modernas e respectuosas co medio ambiente. O mercantilismo e o negocio no Nadal non poden ser o único criterio de actuación nestes casos.

Estamos a perder o dereito a ver as estrelas por culpa da contaminación lumínica. Os nosos pobos e cidades énchense de luz durante a noite, e gran parte desa luz, que debería usarse para iluminar o chan, ilumina o ceo cun brillante veo que nos impide ver as estrelas.

Os nosos fillos están medrando nun mundo onde mirar ao ceo pola noite non serve para nada, porque xa non hai nada que as luces das cidades nos deixen ver. O único que vemos é algunha estrela de primeira magnitude, algún planeta e a Lúa, e quen sabe por canto tempo aínda.

O ceo nocturno é unha parte máis da Natureza ameazada. En 1992 a Unesco declarou o ceo nocturno como Patrimonio da Humanidade. E no 2010 ratificouse definitivamente este título e aprobouse a Declaración Mundial en Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito a Observar as Estrelas.

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Google+
    DISPLAY_ULTIMATE_PLUS
    Twitter
    Instagram