Outono Naturalista

Chegan as mañás dos domingos de outono, pero… Sabías que o outono é a época da abundancia? Queres coñecer a natureza nestas datas? E algúns lugares e elementos dos que non coñecías algunhas cousas de Ferrolterra?
Pois daquela, acompaña á SGHN nas 6 saídas interpretativas que faremos ao longo dos meses de outubro e novembro. As excursións, serán guiadas por persoal da SGHN as mañás dos domingos 7, 21 e 28 de outubro e o 11, 18 e 25 de novembro. O prezo das mesmas, é de 4€ para participantes NON SOCIOS e pola contra, son de balde, para os socios.

É necesaria a inscrición previa por mor do seguro de cada participante e a súa asignación de asento para o transporte (en microbus). A viaxe é gratuíta e as saídas e chegadas, serán no propio local da SGHN en Ferrol (onde está o Museo de Historia Natural).

Para realizar a inscrición, podes poñerte en contacto en persoa, por teléfono ou por medio de correo electrónico, nos seguintes enderezos e números:

Enderezo:Sociedade Galega de Historia NaturalDelegación de Ferrol (onde o Museo de Historia Natural).Praza de Canido, s/n, Ferrol (A Coruña)Mail:ferrol@sghn.orgTelfs.: 881.931.315 / 698.141.384

Non deixes pasar esta oportunidade de coñecer lugares de Ferrolterra e as súas curiosidades, da man dos naturalistas da SGHN de Ferrol!

Outono Naturalista