
O achádego dun cadáver dun neonato de sapoconcho mediterráneo (Mauremys leprosa) atropelado no Baixo Miño, confirma a reprodución da especie na zona.
O sapoconcho mediterráneo é a especie con máis citas en Galicia, a pesares de que a súa orixe sexa incerta na meirande parte dos casos. A presenza da especie no Baixo Miño e coñecida dende hai décadas e coñécese a reprodución no tramo final do Miño, alúmenos de xeito intermitente.