A SGHN presentou unha serie de alegacións ó proxecto marco C.E. BENEDICTA nº 1.544 Situado en Atios – Budiño (O Porriño, Pontevedra). Neste proxecto recóllense as actuacións de clausura das zonas explotadas da canteira (basicamente granito)
O principal risco deste macrogrupo de canteiras é que o proxecto situase nos límites da ZEC “Gándaras de Budiño” (ES1140011)
SGHN considera que tanto o proxecto de explotación como o plan de restauración deben ser sometidos á avaliación de impacto ambiental segundo o establecido no artigo 7 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, xa que están recollidos nos supostos 7.2.a) ou 7.1.b) ó estar incluído no grupo 3.h) do Anexo II: Explotacións a ceo aberto e extracción de turba. En calquera caso estaría incluído no suposto 7.2.b) o que obrigaría ao proxecto a ser sometido a avaliación de impacto ambiental simplificada por afectar á Rede Natura.
Non se inclúe estudo hidrolóxico que permita valorar o impacto na ZEC Gándaras de Budiño. Este espazo protexido sufre historicamente o impacto da actividade industrial do Val da Louriña, entre eles o das explotacións de granito. Un dos principais impactos desta actividade sobre este espazo da Rede Natura é a colmatación da lagoa polos sólidos arrastrados dende as balsas de decantación da explotación sen tratar.
Na actualidade e durante os anos de explotación e “restauración” existe unha dispersión de especies de flora invasora, entre outras Cortaderia selloana, presentes na zona. Débese plantexar que accións de control se tomarán para estas especies, presentes actualmente na área ocupada por esta explotación.
Non se contemplan medidas para reducir o perigo de accidentes por caída e captura de fauna terrestre protexida nas obras.
Solicitouse que unha vez rematadas as labouras extractivas, as medidas de recuperación poden mellorarse cara á creación dun novo biótopo de reforzamento das poboacións de anfibios da zona, así como de insectos acuáticos.
NECESÍTASE REFORMAR E ADECUAR A ACTUAL LEXISLACIÓN SOBRE MINARÍA E RESTAURACIÓN
A parte do escrito á Consellería de Industria, tamén presentouse outro escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando que as distintas partes da administración avaliación un cambio lexislativo que permita promover a permuta de terreos cando exista un interese ambiental e sempre sen prexuicio das arcas públicas, intereses patrimoniais da sociedade civil e sempre libres de cargas ambientais negativas (contaminación de calquera tipo, riscos de seguridade, etc) e que os proxectos de recuperación das zonas mineiras deben contemplar inequivocamente a restauración ó seu estado anterior e cando isto non sexa posible que esta restauración promova o asentamento de especies autóctonas e en especial as catalogadas por algunha figura de protección.