Para a Xunta Directiva Xeral de SGHN é un auténtico pracer anunciar a publicación do Paspallás nº 62, un monográfico moi especial que recolle os fitos máis salientables dos primeiros 50 anos de GOG-SGHN.

Probablemente esta recompilación de actividades de todo tipo a prol do patrimonio natural galego desenvolvidas por SGHN impresionará a moitos, dentro e fóra de SGHN. Honestamente pensamos que non é para menos, pois a súa lectura impresiona mesmo aos propios membros da Xunta Directiva Xeral de SGHN.

O inmenso traballo que se recolle nas páxinas do Paspallás nº 62 sería imposible sen o apoio altruísta, apaixonado e inspirador dos socios/as e simpatizantes de SGHN. Ningunha axuda foi pequena, e todas fixeron bo o dito de que non hai maior erro que o de quen non fixo nada pensando que tan só podía facer un pouco.

Dende o nacemento do GOG-SGHN, pasaron xa 18.276 días de actividade incansable “estudando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego”. Por iso, hoxe queremos dicirvos, alto e claro, a todos vós: 18.276 veces grazas!! Contamos con vós para o segundo medio século de SGHN que agora comeza.

Xunta Directiva Xeral de SGHN