Cicadella viridis. Pequena cigarra moi común nos prados de herba verde

Organizado pola sección de Entomoloxía e a Delegación de Pontevedra, dentro do Proxecto ValoraNatura organizamos unha saída de identificación dos insectos máis comúns do LIC Gándaras de Budiño o pasado 26 de agosto de 2023.

A maña contou cun tempo atmosférico e compañía agradables, observando diversas especies, algunhas comúns como a cigarra da imaxe superior, pero de gran beleza e sobre as que normalmente non reparamos polo seu pequeno tamaño.

Pararge aegeria, unha das máis comúns nese día
Leptotes pirithous
Limenitis camilla, común no bosque de ribeira de Gándaras
Cópula de Platycnemis latipes
Iphiclides antes de ser liberada
Polygonia c-album, coa “C” que lle da nome,no reverso da á
Comparando Lycaena tityrus coa guía de campo
Femia de Orthetrum coerulescens
Pieris brassicae
Ollos de Cordulegaster boltoni
Maniola jurtina
A delicada Leptidea sinapis, parente das Pieris