O Plumeiro ou Herba da Pampa é una herba gramínea de orixe suramericana que foi introducida para o seu cultivo ornamental. A primeira especie citada en Galicia é a Cortaderia selloana no ano 1988. Ten unha gran capacidade invasiva pota súa elevada produción de sementes (cada planta feminina chega a producir ata un millón delas) e pola diversidade de ambientes que coloniza, como os hábitats antropizados (beiras de autoestradas, solares abandonados, queimados … ), os espazos naturais costeiros, as dunas, os humedais, etc. Modifica a paisaxe e despraza ás especies autóctonas pola forte competencia que exerce sobre o sustrato e os recursos (auga e nutrintes). A gran cantidade de biomasa que produce favorece os incendios, rebrotanto posteriormente con grande intensidade. A súa gran produción de pole pode provocar problemas alérxicos á poboación humana.

PDF