Informe de Situación

Durante o 2004 reduceuse notablemente o ritmo de correspondencia, pasando das 270 saídas de 2003 a 146. Compre destacar que o descenso de xestións relacionadas co caso “Prestige” é en boa parte responsable desta reducción.

Notouse un incremento dos proxectos de grandes infraestrucuturas (estradas e ferrocarril), algo previsto e que con toda probabilidade se manterá nos anos vindeiros, con tódalas consecuencias negativas ambientais (parcelación do territorio, destrucción de humedais, etc). A costa segue a ser receptora de entullo, vertidos, novos proxectos (ampliación de portos) e polo momento, intentos de consolidación de núcleos contaminantes como ENCE-ELNOSA na ría de Pontevedra.

Próximos a finalizar os fondos europeos para a converxencia europea, mantemos a apreciación de movementos de situación para tratar de captar fondos comunitarios destinados ó medio ambiente, (paseos marítimos, fluvias, “acondicionamentos” de áreas naturais, etc).

A comunicación cos socios, mántivose a través de tres circulares relacionadas coa renovación da estructura directiva e vía correo electrónico, sobor de todo para comunicas xeiras naturalistas. A relación coa prensa foi escasa, máis polo esforzo que supón o envío de Notas de Prensa que por carecer de motivos, finalmente emitíronse tres (Xunqueira de Alba, apoio a personal do Centro de Recuperación de fauna de Cotorredondo e apoio á marcha contra ENCE). A páxina Web de SGHN-Pontevedra, actualizouse en dúas ocasións.

Por último comentar o desgaste da Directiva actual, que precisa de apoio e renovación, polo que seguimos a insistir en que tódalas máns e ideas son ben recibidas.

Resumo de actividades 2004

Humedais

Río Valga. Continuouse coa campa a para evitar a canalización deste río. Presentáronse sendos escritos diante do Valedor do Pobo e a Consellería de Medio Ambiente. A situación está estancada e as obras están a piques de comenzar, xa que os trámites de expropiación e ocupación de terreos están en fase de execución. O último recurso, e que consideramos que ti a visos de prosperar, era presentar unha denuncia por falsedade documental, pero a falla de asesoramento legal impediu avaliar as oportunidades de que prosperase esta idea.

Xunqueira de Alba. Realizouse un seguimento do proxecto de construír un novo campo de futbol nesta zona. A SGHN manifestou publicamente a súa postura, pedindo explicacións do gasto de varios millóns de euros para o seu saneamento e que agora esgrimiase unha suposta degradación que facía inviable o futuro como xunqueira.

Río Umia. Solicitouse información sobre un convenio sinado entre a Consellería de Medio Ambiente e a Deputación para “actuacións” sobre o río.

Xerias naturalistas

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de trece xeiras.

Especies invasoras

Diversos escritos sobre a situación do Visón americano en Sálvora e especies vexetais no Complexo Intermareal Umia-Ogrove.

Outros

– Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.

– Sobre podas de arborado urbán.

– Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..

– Participación nos censos de COASTWATCH.

– Alegacións ó LAV da li a Ourense-Vigo.

– Alegacións autovía A-57

– Diversar xestións e escritos para recoller información sobre o proxecto dun Polígono Industrial no Cerquido (Salceda de Caselas).