Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2011.

RESUME CORRESPONDENCIA

Correspondencia ordinaria

Escritos á Admón.

Dennucias

Notas de Prensa

Outros

TOTAL

Correos electrónicos

10

84

0

4

4

102

457

Informe de Situación

O ano 2011 estivo marcado por unha ralentización ou paralización da obra pública incluida o Plan E que no 2010 provocara varias disfuncións. Se ben medioambientamlente foi positiva esta frenada, a situación económica e social é aproveitada para sementar a idea de que calquera actuación que poida xerar emprego é imprescindible e a oposición á mesma é de privilexiados contrarios ó desenvolvemento e ó traballo.
Neste eido encádrase o proxecto de construcción dun campo de golf en terreso públicos e asemade zona LIC e ZEPA, tal é o Istmo da Lanzada.
Outro exemplo foi a declaración de ilegalidade do Polígono Industrial de Barro, xa coas obras de acondicionamento rematadas, o que testemuña o doble rasero da administración respecto ós seus actos e ós dos cidadáns a pé, nun claro nepotismo ó que é indiferente unha boa parte da poboación e sociedade civil.
Internamente (SGHN-Pontevedra) mantivo a mesma tónica, cun pequeno repunte a través de alegacións a diversos proxectos e colaborando con actuacións da Xeral (Paspallás, revisión proxectos Xunta, xestión diaria.

Resumo de actividades 2011

Xeiras naturalistas

Comunicouse vía e-mail a realización de tres xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

Complexo Intermareal Umia-Ogrove

– Escritos á Deputación, Xunta e Concello do Grove solicitando a renuncia a colaborar no proxecto de construcción dun campo de Golf no istmo da Lanzada.
– Últimas xestións coa denuncia diante da UE por uso inaxeitado de fondos FEOGA para a destrucción do hábitat do sapiño de esporóns en Ardia. Foi rexeitada.

Infraestruturas e Obras

– Alegacións á autovía A-59 (Pontevedra-Porriño).
– Alegacións canteira en Lalín.
– Plan Sectorización solo rústico A Trigueriza (Lalín)
– Depósitos hidrocarburos en Ferrazo (Vilagarcía)
– Modificación puntual PXOM Pontevedra

Biodiversidade

– Sendos escritos á Consellería de Medio Rural e Medio Ambiente para evitar obras nunha colonia de morcegos.
– Alegacións ó Parque Eólico no Acibal, que afectaría a dúas fragas e unha braña.
– Alegación ó proxecto de decreto sobre os Cabalos en Galicia.

 Outros

– Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International.
– Poda Arborado Urbán.
– Verquido río Santa Mariña- O Con
– Participación nos censos de Anfibios, Réptiles e Insectos.
– Campaña de Protección vexetal no nadal.
– Apoio á APDR a favor da mellora ambiental da ría de Pontevedra e o cambio de ubicación de Celulosas.