Cadro resumo dos distintos tipos de cartas e escritos presentados en 2012.
RESUME CORRESPONDENCIA |
||||||
Correspondencia ordinaria |
Escritos á Admón. |
Denuncias |
Notas de Prensa |
Outros |
TOTAL |
Correos electrónicos |
16 |
20 |
0 |
2 |
2 |
548 |
508 |
Informe de Situación
O ano 2012 careceu de situacións destacables, mantendo a tónica de ralentización da obra pública e privada, aínda que foron presentados varios proxectos altamente lesivos e caros para o medio ambiente, como diversos parques eólicos, un costoso e inútil camiño no río Umia cun custe de varios millóns de euros e outro en Ponteareas coa mesma idea lesiva ambientalmente, namentras queda descuidada a conservación ambiental seria e estrutural: biodiverisadade, auga, montes, etc.
Internamente (SGHN-Pontevedra) mantivo un nivel de actividade similar a outros anos, con varias salvedades, o cambio de directivas, a non realización da campaña de nadal para protección de especies vexetais, despois de case vinte anos, e positivamente o labor desenvolvido por un grupo de socios e simpatizantes en Nigrán para conservar un niño de píllara das dunas, conseguindo que voase un polo contra todo pronóstico. Un labor meritorio e de grande esforzo persoal, que merece ser recoñecido
Resumo de actividades 2012
Xeiras naturalistas
Comunicouse vía e-mail a realización de tres xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.
Complexo Intermareal Umia-Ogrove
- Escrito alegación canlenización gaseoducto polo istmo da Lanzada.
- Alegacións nova canle captación auga dunha depuradora na zona do Facho (Cambados).
- Alegacións senda fluvial río Umia. Queixa formal por denegación de información por parte da Xefatura de Costas de Pontevedra.
Infraestruturas e Biodiversidade
- Adhesión denuncia UE a favor garranos.
- Alegacións Salto de Eiras II, para salvagarda de poboación de morcegos.
- Alegacións recuperación canteira Porriño.
- Alegacións Vía rápida Morrazo.
- Recopilación de datos de especies invasoras.
- Campaña vixiancia protección niño Píllara das Dunas (socios área de Vigo en colaboración co particulares e CEMMA).