Ante a brutalidade coa que se trata ao arborado urbano na cidade de Ourense, SGHN ven de emitirr unha Nota de prensa para lembrar a quen nos goberna o que din todos os tratados de arboricultura sobre este tema.
Con esta nota SGHN pretende informar á cidadanía, e de novo a quen nos goberna, pois tras os múltiples escritos dirixidos ao Concello de Ourense e outros organismos ao longo dos anos advertindo dos problemas e consecuencias deste tipo de podas, nada mudou no sistema de xestión do arborado que adoptan os nosos dirixentes.
En resumo, non parece que se tomen en serio os estudos científicos, coñecementos e experiencias de anos e anos de investigación e se sigue con métodos traumáticos que NON RESOLVEN A BASE DOS PROBLEMAS que, din, se pretenden solucionar.