Lobo mariño “CELEIRO” (Halichoerus grypus) – Segunda fase de rehabilitación

A foca Celeiro atópase xa na piscina, percorrendo as últimas millas do seu pequeno océano actual.  Desde o primeiro segundo do encontro ca auga, a súa actitude tranquila e observadora transformouse en felicidade.

Nas fotos que acompañan a esta entrada pode verse ao lobiño baixo a auga, e alí está case sempre mergullado coma se as xélidas temperaturas que sufrimos nestes días non lle afectasen. Baixo a auga come, xoga, inspecciona canto lle rodea e ata durme.

Xa falta menos para volver ser libre.

  • Divulga ti tamén!