As plataformas “Ulloa Viva”, “Mina Touro-O Pino Non” e “En defensa da ría de Arousa”, en colaboración cos demais colectivos implicados na loita -entre eles SGHN-, impulsan unha campaña de recollida de sinaturas para re-matar a celulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino.
Esta campaña consiste na presentación dunha carta dirixida directamente ao presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, para que, no exercicio das súas competencias, convoque un Consello da Xunta e proceda a denegar definitivamente, e posteriormente arquivar, o proxecto de Altri en Palas de Rei e o de Cobre San Rafael para a reapertura da Mina de Touro-O Pino.
Asina a carta e preséntaa por rexistro físico ou electrónico!
- Rexistro físico: descarga o escrito (Word, PDF), imprímeo, cumpriméntao cos teus datos e entrégao en calquera rexistro (Concello, Xunta, Subdelegación do Goberno…).
- Rexistro electrónico:
- DESCARGA o modelo de escrito no teu ordenador e cumpriméntao cos teus datos.
- Entra en sede.xunta.gal, vai á “área privada” > “carpeta persoal” e identifícate
- Accede a trámites > solicitude xenérica (PR004a) > tramitar en liña
- Acepta os avisos que aparecerán en xanelas emerxentes
- Comproba os datos xa cubertos, escribe os que faltan, escolle o medio de notificación (electrónico) e cubre os campos que aparecen.
- Asunto: “Pola defensa do río Ulla, do noso mar e da nosa terra”.
- Expón: “ver documento apegado”.
- Solicita: “que se teña en conta esta solicitude”.
- Documentación que se presenta: “solicitude de arquivo” no primeiro cadro.
- Selecciona o destinatario: Presidencia. Unidade destinataria: Secretaría Xeral da Presidencia.
- Dálle a continuar e anexa o documento de solicitude (ollo! o nome do arquivo non debe conter acentos)
- Dálle a continuar e comproba que o teu documento está anexado correctamente.
- Asina e envía!
Se queres que a túa solicitude se sume ao reconto final de peticións, remite o xustificante da presentación ou simplemente indícao no correo plataformaulloaviva@gmail.com.

