Atlas SGHN de Flora Exótica Invasora: Acacia longiflora. (Andrews) Willd.

Procedente do leste e sur de Australia, esta especie arbustiva ou árbore pequena de leguminosa foi introducida en Europa como especie ornamental, para fixación de dunas e pola súa madeira, sendo citada en Galicia por vez primeira no ano 1983.

A diferencia de Acacia melanoxylon que ten a casca marrón escura e as flores amarelo pálido en capítulos, a Acacia longifolia ten a casca gris e as flores amarelo vivo en espigas.

Na actualidade atópase presente en moitos areais da provincia de Pontevedra, invadindo dunas e taludes costeiros, onde despraza a vexetación autóctona polos seus efectos alelopáticos, sendo capaz de eliminar case toda a vexetación competidora creando unhas comunidades florísticas moi pobres.

Igual que outras especies de Acacia, o lume favorece a xermolación das sementes que están en dormición, o que facilita a invasión nos solos queimados.

Colabora no Atlas escribindo a botanica@sghn.org

 

Sección Botánica        PDF

  • Divulga ti tamén!

    RSS
    Facebook
    Facebook
    Twitter
    Instagram