M110 atopase na constelación de Andrómeda. É unha das polo menos 14 galaxias ananas que orbitan ao redor da Gran Galaxia de Andrómeda, e a segunda máis brillante despois de M32.
Trátase dunha galaxia esferoidal anana non unha elíptica xenérica, o que a convertería na primeira galaxia esferoidal anana coñecida. Ten unha magnitude visual aparente de 8,5, o seu diámetro é duns 15.000 anos luz o que corresponde visualmente a uns 22×11 minutos de arco. Atópase a unha distancia estimada de 2,7 millóns de anos luz. Ten unha masa estimada en 15 mil millóns de masas solares e uns 10.000 millóns de estrelas.
Tamén é coñecida como NGC205, PGC 2429, UGC 426 e Edward Young Star. É considerada como unha galaxia peculiar debido ás súas inusuales estruturas escuras causadas por nubes de po, e signos de formación de estrelas recentes, xa que contén unha poboación de novas estrelas azuis no seu núcleo. A galaxia non parece ter un buraco negro supermasivo no seu centro.
Foi descuberta por Charles Messier o 10 de agosto de 1773, como se describe no “Connaissance des Tems” para o ano 1801, e representada no seu belo debuxo da “Gran Nebulosa de Andrómeda e os seus compañeiros” publicada en 1807. Con todo, Messier nunca incluíu este obxecto no seu catálogo debido a razóns descoñecidas. Foi engadido finalmente ao catálogo Messier en 1967 por suxerencia do astrónomo aficionado británico Kenneth Glyn Jones.
M110 é fácil de atopar, xa que se atopa xunto á Gran Galaxia de Andrómeda (M31). Na foto dos nosos compañeiros da SGHN e “Fotografía Ferrolterra”, podemos apreciar a forma da galaxia, e a mancha superior esquerda corresponde a parte de M31. A mellor época do ano para poder vela son os meses de setembro, outubro e novembro, só necesitamos un telescopio de medio tamaño, pouca contaminación lumínica e a gozar.

Galaxia M-110
- Día 1: Regulus e a Lúa moi próximos moi próximos.
- Día 2: A 01:51 Lúa Chea.
- Día 4: Mercurio e Venus moi próximos. Aniversario do descubrimento do planeta Urano polo astrónomo inglés William Herschel (1781).
- Día 7: Xúpiter e a Lúa moi próximos.
- Día 9: A 12:20 Cuarto Minguante.
- Día 10: Marte e a Lúa moi próximos.
- Día 11: Saturno e a Lúa moi próximos.
- Día 17: A 02:12 Lúa Nova.
- Día 18: Venus e a Lúa moi próximos.
- Día 19: Mercurio e Venus moi próximos.
- Día 20: A 20:05 a Terra no equinocio. Comenza a primavera no norte, outono no sur.
- Día 22: Aldebaran e a Lúa moi próximos.
- Día 24:a 04:35 Cuarto Crecente.
- Día 28: Regulus e a Lúa moi próximos. Día 31: A 02:37 Lúa Chea, segunda Lúa Chea do mes, polo tanto Lúa Azul.
Planetas
- Mercurio en Piscis com magnitude 0,15, visible durante unha hora despois do solpor.
- Venus en Piscis com magnitude 3,35, visible durante unha hora despois do solpor.
- Marte en Saxitario con magnitude 0,74, visible 3 horas e media antes do amencer.
- Xúpiter en Libra con magnitude -1,84, visible despois da media noite.
- Saturno en Saxitario con magnitude 0,74, visible 3 horas antes do amencer.
- Urano en Piscis, dificil de observar polo crepúsculo, magnitude 6,3.
Cometas
- Este mes os cometas teñen magnitudes que os fan dificilmente observables.